Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.495

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 158/2000, do 22 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de estrada provincial 3603 ampliación, mellora e seguridade vial do p.k. 1,20 ó 2,60 de Ferrol a Covas (travesía de Serantes) (Programa de Actuación da Rede Provincial de Estradas) (Plan 2000 Estradas) primeira fase.

Advertidos erros no epígrafe baixo o que se sitúa o devandito decreto, cómpre face-la oportuna corrección.

Nas páxinas 10.246 e 10.258, onde di: «Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda», debe dicir: «Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais».