A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería, que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.
Cástor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería
e Política Agroalimentaria
ANEXO I
-Anuario de Estatística Agraria 1998: 6.500 pesetas.