Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de suspensión de licencias urbanísticas.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do día 16 de maio do ano que andamos, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

1. Suspender preventivamente todo procedemento de concesión de licencias urbanísticas e de obra, inclusive o movemento de terras ó longo dos ríos Vilacova e San Xusto, desde a estrema do Concello de Noia en ámbolos dous casos ata Servia e Comparada no caso do río Vilacova, incluíndo o Castro de Servia; e ata a nacencia do río San Xusto, no segundo caso, co fin de estudia-la ordenación da área indicada no Plan Xeral de Ordenación Municipal en trámite de informe pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (artículo 34.1º da LSG).

Suspender, así mesmo, tódolos procedementos de concesión de licencias de todas clases, especificamente, as explotacións de canteiras e similares, ata que se establezasn as liñas de protección, no conxunto pétreo que vai desde o parque de San Lourenzo ata Moimenta.

2. Exceptúanse as obras de simple conservación, reposición ou rehabilitación de edificios e elementos preexistentes.

3. A extensión da suspensión nas marxes dos ríos citados comprende dúas franxas estremeiras cos ríos de 150 ml medidas desde o centro do río, segundo queda grafiado no plano correspondente. Na zona pétrea citada, en toda a súa extensión dentro do termo de Lousame.

4. A duración da sus pensión preventiva de tramitación de licencias que se acorda terá unha duración máxima de doce (12) meses contados da publicación deste anuncio no DOG. Como mínimo, ata a aprobación definitiva do PXOM.

5. O presente acordo publicarase no DOG, BOP e 2 xornais dos de máxima difusión na Comunidade Autónoma.

O que se fai público para xeral coñecemento, en virtude do disposto no artigo 34.1º da Lei do solo de Galicia e lexislación concordante.

Lousame, 7 de xuño de 2000.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde