Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, ensesión do 27 de abril de 2000, aprobou definitivamente a modificación do Plan especial de acondicionamento e ordenación para usos universitarios do antigo hospital de Esteiro (PE-5), de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

O Concello Pleno, en sesión do 27de maio de 1999, aprobou inicialmente a modificación do Plan especial de acondicionamento e ordenación para usos universitarios do antigo hospital de Esteiro (PE-5). No Diario Oficial de Galicia do 4 de agosto de 1999, no Diario de Ferrol do 9 de xuño e no taboleiro

de edictos do concello desde o 7 de xuño ata o 13 de setembro, publicouse o anuncio de aprobación inicial, que se someteu a información pública polo prazo dun mes sen que se presentaran alegación, segundo consta no certificado do rexistro xeral. Tendo en conta o informe favorable do director xeral de Urbanismo do 27 de marzo de 2000, de acordo co informe favorable emitido pola Comisión Superior de Urbanismo de Galicia; a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión do 6 de abril de 2000, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou propoñerlle o Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a modificación do Plan especial de acondicionamento e ordenación para usos universitarios do antiguo Hospital de Esteiro (PE-5) e proceder ás publicacións regulamentarias.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución, dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen perxuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación do presente edicto no DOG, e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 30 de maio de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde