Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.447

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 29 de febreiro de 2000, correspondente á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros) (lista B), do grupo IV.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 14 de abril de 2000,

resolución estimatoria do recurso formulado por Mª Edita Rodríguez Lapido, e con data do 23 de xuño resolución estimatoria do recurso formulado por Mónica Susana Ríos Dávila contra a Resolución do 29 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio das peticións das interesadas, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por estas, nas listas publicadas por Resolución do 29 de febreiro de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 3 (auxiliar de clínica e outros) (lista B) do grupo IV, cos seguintes datos:

Mónica Susana Ríos Dávila, DNI 33.288.609, lista B, puntuación: 2,200:

No posto número 208 no ámbito xeográfico X1505; no posto número 85 no ámbito xeográfico X1506; no posto número 31 no ámbito xeográfico X1509; e no posto número 72 no ámbito xeográfico X1514.

Mª Edita Rodríguez Lapido, DNI 33.825.628, lista B, puntuación: 1,470:

No posto número 42 no ámbito xeográfico X1501;;no posto número 97 no ámbito xeográfico X1502; no posto número 68 no ámbito xeográfico X1503; no posto número 33 no ámbito xeográfico X1504; no posto número 275 no ámbito xeográfico X1505; no posto número 135 no ámbito xeográfico X1506; no posto número 33 no ámbito xeográfico X1507; no posto número 45 no ámbito xeográfico X1508; no posto número 55 no ámbito xeográfico X1509; no posto número 57 no ámbito xeográfico X1510; no posto número 45 no ámbito xeográfico X1511; no posto número 60 no ámbito xeográfico X1512; no posto número 82 no ámbito xeográfico X1513; no posto número 117 no ámbito xeográfico X1514; no posto número 32 no ámbito xeográfico X2701; no posto número 60 no ámbito xeográfico X2702; no posto número 38 no ámbito xeográfico X2703; no posto número 23 no ámbito xeográfico X2704; no posto número 169 no ámbito xeográfico X2705; no posto número 48 no ámbito xeográfico X2706; no posto número 93 no ámbito xeográfico X2707; no

posto número 33 no ámbito xeográfico X2708; no posto número 53 no ámbito xeográfico X2709; no posto número 162 no ámbito xeográfico X2710; no posto número 60 no ámbito xeográfico X2711; no posto número 50 no ámbito xeográfico X2712; no posto número 69 no ámbito xeográfico X3601; no posto número 36 no ámbito xeográfico X3602; no posto número 55 no ámbito xeográfico X3603; no posto número 45 no ámbito xeográfico X3604; no posto número 51 no ámbito xeográfico X3605; no posto número 148 no ámbito xeográfico X3606; no posto número 105 no ámbito xeográfico X3607; no posto número 49 no ámbito xeográfico X3608; no posto número 205 no ámbito xeográfico X3609, e no posto número 94 no ámbito xeográfico X3610.

En consecuencia;varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución; que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme ó artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública