Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.374

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 3/2000 DXI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 3/00 DXI.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: a asistencia para a promoción e implantación dunha terminal de regasificación de gas natural licuado en Galicia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 3 de abril de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Adxudicación.

Data: 8 de xuño de 2000.

Adxudicatario: Enertecma, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: dez millóns cincocentas mil pesetas (10.500.000 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio