Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/419-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Domicilio social: A Matanza, s/n, 15917 Padrón.

Denominación: central hidroeléctrica Segade-río Umia.

Situación: Caldas de Reis.

Descricións técnicas: central de pé de presa. Salto bruto de 26 m dous grupos con dúas turbinas Francis de 450 kW c/u e un caudal de 2,25 m/sg. Dous alternadores asíncronos de 457 kW/380 V. Dous transformadores de 630 kVA c/u, relación de transformación 0,4/20 kV.

Central de derivación. Dous grupos con dúas turbinas tipo Francis de 4.050 kW e caudal 5,25 m/sg. Dous xeradores síncronos de 4.050 kW, 6.000 V. Dous transformadores de 5.000 kVA c/u, relación de transformación 6/20 kV.

Aparellos eléctricos e equipos de regulación, control e protección, e equipos auxiliares.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra