Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de información pública.

Para cumprir con canto se establece polo artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno do Concello, en sesión do 26 de maio de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle de reordenación de volumes e aliñacións dun soar situado entre a Avda. de Lugo e a rúa «VV», promovido por Construcciones Caldelas, S.L.e por Abelardo Batán García.

O acto de aprobación definitiva pon fin a vía administrativa e contra el poderá interporse, potestativamente, recurso de reposición perante o Pleno do Concello, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición ou, transcorrido o prazo dun mes, sen que a resolución se teña notificado, poderá interporse o recurso xuridiccional anteriormente referenciado ante o órgano xudicial indicado.

O prazo para interpo-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o seguinte ó da notificación da resolución expresa do

recurso de reposición. No caso de desestimación presunta o prazo é seis meses desde a data en que deba entenderse producida- un mes desde a data de interposición do recurso de reposición.

Todo isto sen prexuízo de calquera outro recurso que en dereito se considere oportuno.

Monterroso, 6 de xuño de 2000.

Antonio Gato Soengas

Alcalde-presidente