Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABEGONDO

ANUNCIO de licitación.

1. Obxecto do contrato: acondicionamento da piscina de San Marcos, 1ªfase.

2. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación: urxente.

Procecemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total once millóns duascentas mil (11.200.000), IVE incluído.

5. Garantías: definitiva 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: na secretaría xeral do Concello de Abegondo.

7. Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación: trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anunncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Abegondo, 23 de maio de 2000.

José Antonio Santiso Miramontes

Alcalde presidente