Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de maio de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria de Dumbría (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Eduación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Dumbría.

Localidade: Dumbría.

Código do centro: 15021810.

Denominación: Colexio de educación infantil e primaria de Dumbría.

Nova denominación: Colexio de educación infantil e primaria Santa Eulalia de Dumbría.