Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de xuño de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación persoal á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de iniciación do expediente administrativo de desafiuzamento DT-003/2000: ocupación sen título.

De conformidade con disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (que se relaciona no anexo) sen que esta se puidese practicar, notifícaselle o acordo do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, con data do 27-4-2000, de iniciación do procedemento administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título, ó abeiro do disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e no artigo 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento das vivendas de protección oficial.

Noméase instructora do procedemento a Paula Carnicero Carrera e secretaria a Marta Fernández Torquemada, que poderán ser recusadas consonte o disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, de se-lo caso, para propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Así mesmo, poderán examina-lo expediente na Sección de Inspección e Sancións desta área provincial, sita na rúa Alcalde Hevia, número 7 de Pontevedra.

Contra este acordo non será admisible recurso ningún por constituír un mero acto de trámite.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 1 de xuño de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe de Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente ocupación sen título: DT-003/2000.

Interesado: Manuel Feijoo Ferreira.

Feito que se lle imputa: ocupa-la vivenda identificada como expediente administrativo: PO-1-CD/71, conta 726, sen título legal para iso.

Último enderezo coñecido: rúa Cuntis, número 8, 5º D (Vigo).

Notificación persoal: (ausente) 2-5-2000 (11.45 h) e 3-5-2000 (11.05 h).