Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000 pola que se somete a trámite de información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto correspondente á solicitude de autorización administrativa para a modificación das características da concesión do aproveitamento hidroeléctrico de Landoi para a producción de enerxía eléctrica no río Landoi, situado no concello de Cariño (provincia da Coruña) e promovido por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 15/055/1).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia, e durante o prazo de vinte (20) días hábiles, Augas de Galicia someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudi

cadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden pertinentes.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de modificación do aproveitamento hidroeléctrico de Landoi (central hidroeléctrica de Landoi), situado no concello de Cariño (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias administrativas:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela. A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña. Edif. Advos. Monelos-praza de Luís Seoane, 5ª planta, 15008 A Coruña.

-Augas de Galicia Demarcación Centro. Avda. Rodríguez de Viguri, 47, baixo A, 15703 Santiago de Compostela. A Coruña.

-Concello de Cariño, praza da Pulida, s/n, 15360 A Coruña.

3. As alegacións formularanse por escrito durante o dito prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e deberán ser presentadas, por duplicado, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que faga referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dirixidas ó presidente de Augas de Galicia, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, s/n; 15704 Santiago de Compostela- indicando a clave do expediente sinalada no encabezamento deste escrito e un enderezo para efectos de notificación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia