Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 31 de maio de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02188-O-1999).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos

que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26), recaídas nos expedientes que se citan como anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, Oficina Principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza deste resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común de (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 de 13-1 (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 31 de maio de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

ANEXO

Expediente: PO-02188-O-1999.

Matrícula: PO-0586-T.

Denunciante: G.C de Tráfico.

Denunciado: Grúas Vigo, S.L.

Último enderezo coñecido: Celso Emilio Fereiro, 9-8C. 36205-Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: transportar material de construcción, distintivos comarcais, estando en posesión de tarxeta de ámbito local. Servicio público.

Data/Hora: 6-9-1999/ 9.45.53.

Estrada pk: PO410 1.100.

Precepto infrinxido: O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30).

Precepto sancionador: 143 Ley 16/1987, 201 R.D. 1211/90.

Sanción imposta: 25.000 pesetas