Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 31 de maio de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02377-I-1999 e dous máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro

dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación, ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE del 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 31 de maio de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

Expediente PO-=2377-I-1999.

Matrícula: PO-4284-Y.

Denunciante: L671INXU4780025.

Denunciado: Plácido Quinteiro Blanco.

Último enderezo coñecido: Mercado, 18. 36500-Lalín (Pontevedra).

Feito denunciado: transportar dous tenreiros á feira de Silleda sen acreditar que o dito gando é da súa titularidade. Ás 9.35 horas volve á feira cunha nova carga de gando.

Data/hora: 3-8-1999/ 8.55.

Precepto infrinxido: artigo 102.3º da Lei 16/1987 e artigo 157 del R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 50.000 pesetas.

Expediente PO-02581-S-1999.

Matrícula: PO-4406-BK.

Denunciante: Policía municipal.

Denunciada: Aurelia Bastos Molares.

Último enderezo coñecido: Fuente Oscura, 6-1º, Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: realizar transporte público de reparto de prensa, non presentando tarxeta de transportes por non levala no vehículo, así como tampouco posúe ningún distintivo neste, servicio privado.

Data/hora: 22-11-1999/ 10.10.

Precepto infrinxido: 199 b) del R.D. 1211/1990, O.M. 25 de outubro de 1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990... 143 Ley 16/1987, 201 R.D. 1211/1990..

Sanción proposta: 20.000 pesetas.

Expediente PO-03109-O-1999.

Matrícula: PO-1167-BN.

Denunciante: G.C.de Tráfico.

Denunciado: Jaime Rodríguez Novoa.

Último enderezo coñecido: Zaragoza, 32. 36203-Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: circular transportando unha pa escavadora, carecendo de tódolos distintivos de transporte. Servicio privado.

Data/hora: 21-12-1999/ 20.45.

Estrada p.k.: N-120, 664.100.

Precepto infrinxido: O.M. 25 de outubro de 1999 (BOE do 30 de outubro).

Precepto sancionador: 143 Ley 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 15.000 pesetas.