Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.220

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 13 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 5 de maio) pola que se nomea profesora titular de universidade a Carmen Guerrero López.

Advertidos erros na resolución desta universidade de 13 de abril de 2000 (DOG do 5 de maio) polo que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería telemática, a Carmen Guerrero López, este rectorado, ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, procede á súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número 99/031 onde di:«Departamento de Técnicas da Información e as Comunicacións», debe dicir: «Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións».

A Coruña, 31 de maio de 2000.