Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.132

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

De conformidade co establecido no artigo 22 do Regulamento xeral de cámaras, aprobado polo Decreto 1291/1974, do 2 maio, modificado polos reais decretos 753/1978, do 27 de marzo e 816/1990, do 22 de xuño, procédese a comunicarlles ós respectivos electores que quedaron vacantes no Pleno desta Corporación os postos correspondentes ós grupos 3, 6 e 11 do censo electoral, que se corresponden cos seguintes epígrafes do Imposto de Actividades Económicas: gurpo 3 (Alimentación) que comprende os epígrafes 411 a 429 da sección primeira (actividades empresarias); grupo 6 (Comercio por xunto. Intermediarios. Reparacións. Comercio sen establecemento permanente), que comprende os epígrafes 611 a 619, 621 a 623, 631, 661 a 665 e 691 a

699 da sección primeira (actividades empresariais); e grupo 11 (outros servicios ás empresas. Actividades diversas. Profesionais), que comprende os epígrafes 845, 846, 851 a 862 e 911 a 999 da sección primeira (actividades empresariais), así como toda a sección segunda, epígrafes 011 a 899 e grupo 11 (outros servicios ás empresas. Actividades(actividades profesionais) do citado imposto de actividades económicas.

Igualmente, faise saber que os electores incluídos nos epígrafes do Imposto de Actividades Económicas antes sinalados poden presenta-la súa candidatura de conformidade co que establece o Decreto 116/1997, do 14 de maio, polo que se regula o réxime electoral das cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación (DOG do 20 de maio), o que deberán facer no prazo de vinte días seguintes ó da publicación desta convocatoria, e presentalas avaladas pola sinatura de, polo menos, dez electores do grupo correspondente. A acreditación da autenticidade da sinatura realizarase mediante fedatario público, recoñecemento bancario ou a certificación do secretario desta corporación.

A elección das tres vocalías vacantes terá lugar o día 28 de setembro do ano 2000; os colexios electorais permanecerán abertos desde as nove ata as vintedúas horas. Para tal efecto constituirase un colexio electoral na sede desta corporación, que estenderá a súa circunscrición ós municipios de Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, A Illa de Arousa, Meis, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Outro na sede da Asociación de Empresarios da Estrada, sito na Estrada, avenida de Santiago, número 11, que se estenderá a súa circunscrición ós municipios de Campo Lameiro, Cercedo, Cuntis, A Estrada, Forcarei e Moraña; e un terceiro na sede da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios (EMGROBES), sita no Grove, rúa Luis Casais, número 1, que estenderá a súa circunscricións ós municipios do Grove, Meaño e Sanxenxo.

Os lectores que prevexan que na data de votación no poderán exerce-los seu dereito ó voto comparecendo no colexio electoral, poderán emiti-lo seu voto por correo, de conformidade cos requisitos e o procedemento establecidos no capítulo VIII do Decreto 116/1997, do 14 de maio, desenvolvido pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 23 de xaneiro de 1998 (DOG do 30 de xaneiro).

De conformidade co establecido no artigo 22 do Regulamento xeral de cámaras, as competencias propias da xunta electoral serán asumidas polo comité executivo desta corporación.

Vilagarcía de Arousa, 1 de xuño de 2000.

Emilio Cores Arenaz

Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa