Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO.

Anuncio de concurso, por procedemento aberto, para a contratación da execución de obra.

Obxecto: proxecto básico e de execución de recuperación de edificio de mercado para museo etnográfico de Portomarín (Lugo).

Orzamento: 30.000.000 de pesetas.

Información: secretaría municipal.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, ata as catorce horas do día dentro do prazo de vinteseis días contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG (se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Portomarín, 8 de maio de 2000.

Eloy Rodríguez López

Alcalde