Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do proxecto de urbanización en desenvolvemento do Plan parcial do polígono B-10 do PXOU predio A Corva/San Brais.

A Comisión de Goberno, en sesión do 15 de maio de 2000, acordou prestar aprobación definitiva ó

proxecto de urbanización, formulado por Corvorana, Sociedad Cooperativa Limitada, coa finalidade de levar á práctica o Plan parcial do polígno B-10 do Plan xeral de ordenación urbana/predio A Corva-San Brais, e redactado polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da delegación en Pontevedra do COAG do 22-11-1999 e novos planos nº 04b, 12b,13b,16b e documento de medicións e orzamento, que anulan e reforman os correlativos daquel, estando subscritos tamén polos arquitectos autores del e intervidos polo seu colexio o 11-1-2000.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestivo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 22 de maio de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral