A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Servicio Galego de Saúde - Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 - A Coruña.
Número de expediente: 136/2000.
2. Obxecto do contrato:
Tipo de contrato: contrato de servicios.
Descrición do obxecto: realización do servicio de xestión dos residuos das clases III e IV xerados nos seus centros.
Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 69, do 7 de abril de 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Orzamento total: 32.743.980 ptas. (196.795,28 euros).
5. Adxudicación.
Data: 26 de maio de 2000.
Lote 1: UTE Consenur-Vapsa, 26.856.451 ptas. (161.410,52 euros).
Orzamento total: 26.856.451 ptas. (161.410,52 euros).
A Coruña, 26 de maio de 2000.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña