Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do procedemento negociado 117/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde - Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006-A Coruña.

Número de expediente: 117/2000.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxecto: subministración de gases medicinais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 493.705.417 ptas. (2.967.229,32 euros).

5. Adxudicación.

Data: 26 de maio de 2000.

Lote 1: Air Liquide Medicinal, S.L.U., 247.806.219 ptas. (1.489.345,37 euros).

Lote 2: Carburos Metálicos, S.A., 11.481.000 ptas. (69.002,20 euros).

Lote 3: Carburos Metálicos, S.A., 37.725.584 ptas. (226.735,33 euros).

Lote 4: Air Liquide Medicinal, S.L.U., 72.562.500 ptas. (436.109,41 euros).

Lote 5: Air Liquide Medicinal, S.L.U., 7.436.000 ptas. (44.691,26 euros).

Lote 6: Carburos Metálicos, S.A., 5.676.000 ptas. (34.113,45 euros).

Orzamento total: 382.687.303 ptas. (2.299.997,01 euros).

A Coruña, 26 de maio de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña