Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 30 de maio de 2000, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador simplificado 27.064/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador simplificado nº 27.064/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza Europa, 10A-2º-2ª, edificio Área Central-As Fontiñas-15703-Santiago de Compostela) no prazo dun mes a paratir do seguinte día ó da notificación. Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091). Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva.

Expediente: 27.064/1999.

Inculpado: Álvaro Yamandú Caballero Araújo (Talleres Alcan).

Domicilio: rúa Os Paxariños, nº 31 baixo (Lugo).

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Motivo: negativa a subministrar información.

Fecha resolución: 11-11-1999.

Lugo, 30 de maio de 2000.

Blanca Vaquero Martín

Xefa do Servicio Provincial de Lugo