Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de maio de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución acordada no expediente sancionador ES-P-0024/1999 por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda do expediente administrativo PO-91/070, conta 36.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio da interesada (rúa Alemania, 21 Ptal. 2, 3º H, en Monte Porreiro-Pontevedra) sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Rosa Golobardas Estévez, beneficiaria da vivenda de protección oficial, identificada polo expediente PO-91/070, conta 36, a resolución do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 29-3-2000, na que se acorda a caducidade, con arquivo das actuacións, do procedemento sancionador ES-P-0024/1999, iniciado por infracción o disposto no artigo 5.c) da Lei 13/1991 de infraccións en materia de vivenda, por transcurso do prazo máximo para resolver sen dicta-la correspondente resolución.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte o disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 30 de maio de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra