Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Federación Galega de Academias.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 12 de maio de 2000, certificación expedida polo secretario da devandita federación, Guillermo García Sanjiao, avalada co visto e prace do presidente, Antonio Dieter Moure Areán, na que se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 25 de marzo de 2000, e que consiste na modificación do artigo 9 dos estatutos que fai referencia ós fins e finalidades da federación.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais