Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Productores de Porcino da Comarca de Sarria.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no corrrespondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Productores de Porcino da Comarca de Sarria que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos gandeiros que sexan titulares dunha explotación de gando porcino e que desexen mellora-la calidade e da productividade da súa explotación.

Asinan a acta de constitución: Pilar López Díaz e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais