Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto con trámite de urxencia, da xestión do centro de atención para persoas maiores de Antas de Ulla, en réxime de concesión.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público de explotación do centro de atención a persoas maiores de Antas de Ulla.

b) Lugar de execución: Antas de Ulla (Lugo).

c) Prazo de execución: cinco meses.

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación de canon de explotación:

-Prezo/praza/día usuario servicios básicos: 3.100 ptas. (IVE incluído).

-Prezo/praza/día usuario servicios básicos e complementarios: 3.600 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: duascentas mil (200.000) pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 77.

e) Telefax: 981 54 56 63.

f) Internet: www.sergas.es.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego administrativo.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 10 días naturais a partir do seguinte ó da presente publicación.

b) Documentación que integrará as ofertas: ver cláusula 9 do prego administrativo.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta, 15771 Santiago de Compostela).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas-edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de peche do prazo de admisión.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais