Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación da xestión da residencia asistida para persoas maiores de Ribeira (A Coruña).

En cumprimento do establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda darlle publicidade á seguinte adxudicación de contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servicios públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión da residencia para persoas maiores de Ribeira (A Coruña), en réxime de concesión.

b) Data de publicación: DOG nº 12 do día 19-1-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe praza/día/válido: 5.600 ptas. (IVE incluído).

Importe praza/día/asistido: 7.980 ptas. (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 29-5-2000.

b) Contratista: Geriatros, S.L.

c) Nacionalidade: española

d) Importe praza/día/válido: 5.250 ptas. (IVE incluído).

Importe praza/día/asistido: 7.700 ptas. (IVE incluído).

e) Prazo de execución: 10 anos.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais