Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. subestación Troncal-C.T. Areal.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 3,85 km de lonxitude, desde a subestación Troncal, alimentando en bucle os CC.TT. existentes Bailén, Isaac Peral, Vista Alegre e Montecelo, ata o C.T. de Areal, no concello de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 15 de maio de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra