Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, da Delegación Povincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de incendios forestais 2000/0003 e 2000/0117.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), e mais do seu Regulamento aprobado por Decreto 3769/1972 do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ós expedientes. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e có establecido no Rel decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 29 de maio de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: incendios 2000/0003.

Denunciado: García Lodeiro, Jorge Alberto.

DNI: 32.774.120.

Último enderezo coñecido: finca Os Confurcos-Tarrío-Culleredo-A Coruña.

Feito denunciado: queimar sen autorización.

Tipificación: grave. Artigo 137.A do Regulamento sobre incendios forestais.

Sanción proposta: 10.000 pesetas.

Expediente: incendios 2000/0117.

Denunciada: Rodríguez Valiño, María.

Último enderezo coñecido: Outeiro de Abaixo-Figueroa-Arzúa.

Feito denunciado: queimar sen adopta-las debidas precaucións.

Tipificación: moi grave. Artigo 138.C do Regulamento sobre incendios forestais.

Sanción proposta: 40.000 pesetas.