Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, da Delegación Povincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de residuos 2000/0395.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancio

nador por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 37.1º da Lei 10/1998, de 21 de abril, de residuos, en relación co artigo 45.1º, 2.a) da Lei 1/1995, de 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 29 de maio de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial de A Coruña

ANEXO

Expediente: 2000/0395.

Denunciado: Veiga Fernández Juan.

Último enderezo coñecido: San Vicente de Elviña, nº 91, A Coruña.

Infracción: abandono e depósito incontrolado de utensilios domésticos, frigoríficos e sofás.

Tipificación: artigo 34.4º c) en relación co artigo 34.3º b) da Lei de residuos.

Sanción imposta: 100.000 pesetas.