Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 19 de maio de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifican os pregos de cargos dos expedientes sancionadores PESAN1/2000/00055-2 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan o prego de cargos en expedientes sancionadores, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro) sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para poderen examina-los expedientes

na Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), Avda.Ramón Canosa s/n, e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: PESAN1/2000/00055-2.

Denunciado: Pescados Repiso, S.L.

Enderezo: r/ Juan de la Cosa, 67-1º Esq. Santoña (Cantabria).

Nº de expediente: PESAN1/2000/00071-2.

Denunciado: Valeriano Barron Dopazo.

Enderezo: r/ Lope de Vega, 8-2º B, Xixón (Asturias).

Nº de expediente: PESAN1/2000/00073-2.

Denunciado: Enrique Vázquez Suárez.

Enderezo: estrada xeral, 22, A Devesa-Ribadeo (Lugo).

Celeiro-Viveiro, 19 de maio de 2000.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo