Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación do servicio para a realización da campaña, Lembrando os Nosos Maiores en Cuba.

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais -Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

c) Número de expediente: 0011001305.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da campaña, Lembrando os Nosos Maiores en Cuba. O desenvolvemento desta acción consiste na execución dun dispositivo de apoio loxístico que permita o transporte, recollida, almacenaxe e distribución de axuda humanitaria para os centros xeriátricos en Cuba.

b) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.000.000 de pesetas. (IVE incluído) (60.101,21 euros).

5. Garantías: provisional: duascentas mil (200.000) pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n-Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 77.

e) Telefax: 981 54 56 63.

f) Internet: www.sergas.es.

7. Requisitos específicos do contratista: ver prego administrativo.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais a partir do seguinte ó da presente publicación.

b) Documentación que integrará as ofertas: ver cláusula 5 do prego administrativo.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta -15771 Santiago de Compostela).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: Sala de xuntas -Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de peche do prazo de admisión.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2000

P.D. (Orden 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais.