Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 105/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens

e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 937 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Boaña e final no C.T. O Outeiro por instalar. Centro de transformación tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV no Outeiro, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 931 m de lonxitude, e discorre polo lugar do mesmo nome, coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona do Outeiro, no termo municipal de Santa Comba (expediente 105/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características

e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 26 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 105/2000. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Outeiro.Termo municipal: Santa Comba.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1NavaliñoPradoMª Ángeles Barbeira Garcíar/ Ángel Rebollo, 94-1ºDta.

15002 A Coruña

15280

2Herbal de LoxosPradoJosé Álvarez CoutoO Outeiro-Castriz, s/n

15848 Santa Comba

12881.432

4Leiras GrandesPradoJosefa Gómez RialO Outeiro-Castriz, 9

15848 Santa Comba

36500

4/1Leiras GrandesPradoSegunda Rial MourelleO Outeiro-Castriz, 18

15848 Santa Comba

L.A.T.30

5Leiras GrandesLabradíoJosefa Barbeira GarcíaO Outeiro-Castriz, 15

15848 Santa Comba

20320

5/1Leiras GrandesLabradíoJosé Luis Barbeira GarcíaMira-Seavia, 5

15147 Coristanco

20320

7Leiras GrandesPradoJosefa Gómez GarcíaO Outeiro-Castriz, s/n

15848 Santa Comba

œ2124384

8Leiras GrandesPradoHdros. Mª Josefa Gómez García

Celestino Otero Gómez

O Outeiro-Castriz, 19

15848 Santa Comba

œ2158928

9Leiras GrandesPradoJosé Mª Otero GómezO Outeiro-Castriz, s/n

15848 Santa Comba

12192

12O PradoPradoHdros. Josefa Gómez García

Celestino Otero Gómez

O Outeiro-Castriz, 19

15848 Santa Comba

œ3152520

14As BrañasPradoJosé Recarey Recareyr/ Eugenio Carré, 2-2º Dta.

15142 Arteixo

œ311501.500

18As CargasPradoLudivina Gómez RecareyPontepedra-Cabaleiros, s/n

15683 Tordoia

61580

18/1As CargasPradoEsther Gómez RecareyAvda. Alf Molina-Eurográf. Pichel, S.L., s/n

15840 Santa Comba

34342

19As CargasPradoPura Couto RialTravesía de Meicende, 24, 2º Bl.-2º Esqu.

15008 A Coruña

41438

20As CargasPradoMaría Recarey RecareyCastriz, 35

15848 Santa Comba

œ5135350

21As CargasPradoHdros. Manuel Recarey Couto

José Recarey Recarey

r/ Eugenio Carré, 2-2º Dta.

15142 Arteixo

œ5130300

23A Chousa do CarPradoRegina Gómez RialO Vento-Castriz, s/n

15848 Santa Comba

40640

24A Chousa do CarPiñeiralRegina Gómez Rialr/ Casal de Abaixo, 13-1º

36206 Vigo

30480

25A CostaMonte baixoLuis Calvo Gorgalr/ Arquitecto Rey Pedreira, 9-16º H

15011 A Coruña

C.T.6232