Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 104/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da:

Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, con conductor tipo LA-56, de 1.096 m de lonxitude, con orixe na liña O Pedrido-Gomil (expediente 50387) e final no C.T. A Vide, por instalar. Centro de trans

formación tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte conductor R.Z. de 20 m que conecta con rede de baixa tensión existente, coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona da Vide, no termo municipal de Aranga (expediente 104/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións

oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 25 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 104/2000. Provincia: A Coruña.

L.M.T. C.T. R.B.T. A Vide.Termo municipal: Aranga.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5O ChacónMonte baixoHrdos. Manuel Fernández López

Rpte. Manuel Fernández Freire

r/ Bertón, 112-1º

15404 Ferrol

660

7A Revolta do PéMonte baixoDolores Cavada AresA Espiñeira-Cambás, 1

15317 Aranga

12117

11A Revolta do PéMonte baixoManuel Pérez Díaz e irmánsA Espiñeira-Cambás, 7

15317 Aranga

œ5144440