De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase concurso polo procedemento aberto para a adxudicación polo Concello de Marín das obras de abastecemento de augas en Pedreiras-Arealonga, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto: adxudicación das obras de abastecemento de augas en Pedreiras-Arealonga.
2. Prezo do contrato: 9.535.425 pesetas (IVE incluído).
3. Garantía: definitiva polo 4% do importe da adxudicación.
4. Prazo e presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Marín, en horas de 9 a 14 , agás o sábado, que será de 9 a 13 horas durante o prazo de vinteseis (26) días naturais, contados desde o día da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. (Tomarase
en conta para estes efectos a derradeira publicación en calquera destes dous diario oficiais).
5. Publicidade do expediente: a documentación necesaria e demais condicións do presente concurso figuran no correspondente prego de condicións administrativas particulares que se atopan á disposición dos interesados na secretaría do concello para o seu exame.
6. Apertura de proposicións: o sobre B que conterá a proposición económica, abrirase na sala da Comisión de Goberno do Concello de Marín, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado terá lugar o día seguinte hábil, á mesma hora.
Marín, 9 de xuño de 2000.
Antonio Santiago Fernández
Alcalde