Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia As2000/12).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: sección de contratación. b) Número de expediente: As2000/12.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto de urbanización, estudio de seguridade e saúde, estudios xeotécnicos e dirección de obra, para o desenvolvemento do Plan parcial do sector 6, Parque de Eirís. Prazo de execución: será proposto polos licitadores nas súas ofertas.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 48.720.000 pesetas, (292.813,10 euros) IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: plaza de María Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13 horas do día 9 de agosto de 2000. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 19 de xuño de 2000.

A Coruña, 19 de xuño de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación