Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

CONVOCATORIA unitaria das prazas incluídas na oferta de emprego público de 1997.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o vintenove de xuño de 1998, aprobou as bases da convocatoria unitaria para a provisión das prazas incluídas na oferta de emprego público deste concello para 1997, que son as seguintes:

1. Funcionarios de carreira.

Grupo segundo o artigo 25 da Lei 39/1984: D.-Clasificación: escala de Administración especial, subescala servicios especiais.-Clase: policía local.-Número de vacantes: unha.-Denominación: garda.

2. Persoal laboral fixo ou indefinido.

Nivel de titulación: certificado de escolaridade ou equivalente. Denominación do posto: operario de servicios múltiples. Número de vacantes: unha.

O contido íntegro das bases atópase publicado no BOP da Coruña, número 135, do 14 de xuño de 2000.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación dun extracto no BOE.

Cariño, 16 de xuño de 2000.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde