Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno en sesión do 13 de xuño de 2000, acordou a probación definitiva do documento chamado proxecto de compensación do sector S01 do Plan parcial do polígono industrial do Milladoiro -documento refundido-, e que xa fora aprobado en sesións do 18 de maio de 1999 e 14 de marzo de 2000.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdicción, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Ames, 15 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado