Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación ordinaria, para a contratación dunha consultoría e asistencia consistente nos traballos de campo da enquisa de intercambio de mercadorías co Norte de Portugal (ano de referencia 1999) e gravación do cuestionario clientes/provedores.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación

dun contrato de consultoría e asistencia suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Instituto Galego de Estatística.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

Nº de expediente: 640.1/16/01.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: traballos de campo da enquisa de intercambio de mercadorías co Norte de Portugal (ano de referencia 1999) e gravación do cuestionario clientes/provedores.

Prazo de execución: 105 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 5.100.000 ptas. (30.651,62 euros).

5. Garantía provisional: 102.000 ptas. (613,03 euros).

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Obtención da documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, C.P. 15703. Teléfono: 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

8. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no resistro do IGE, das 9 ás 14 h ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura de ofertas económicas: o undécimo día seguinte ó de remate de presentación das proposicións, ás 12 h nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística