Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa (expediente 13-08-99-C-01) e se somete a oferta seleccionada a información pública.

O presidente de Portos de Galicia acordou, por Resolución do 7 de abril de 2000, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente púbico, a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave: 13-08-99-C-01.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción e explotación dun porto deportivo na illa da Toxa.

b) Boletín, diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 231, do 30 de novembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 7 de abril de 2000.

b) Adxudicatario: Inmobiliaria La Toja, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Contra esta resolución de adxudicación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso

contencioso-administrativo ante, a elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra a dita resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

En consecuencia coa citada resolución, sométese o proxecto e a documentación ambiental da oferta seleccionada a información pública, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro; na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/1990, de 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As mencionadas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5A-6º (Área Central) 15707 Santiago de Compostela, e nas oficinas da zona sur, situadas na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra, onde así mesmo

poderán examina-la documentación correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación