Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 31 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación dun expediente sancionador en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia, por ter sido devolta a notificación polo servicio de correos (expediente 3/2000).

Por medio desta cédula notifícaselle á persoa que se sinala no anexo, co seu último enderezo coñecido, a incoación do expediente sancionador que pode dar lugar á sanción que tamén se cita.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste de alegar ante a Consellería de Cultura, Comunicación Social Turismo o que considere conveniente, achegando ou propondo as probas que coide oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Comunícaselle que a resolución pola que se incoa o procedemento sancionador pódese retirar na delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 31 de maio de 2000.

P.A.

Mª Luisa Lorenzana Lamelo

Instructora do procedemento

ANEXO

Expediente: 3/2000.

Denunciado: Carmen Castro Tiscar.

Último enderezo coñecido: Santiago Bernabeu, 14-8º, 28036 Madrid.

Feito denunciado: realización de obras, sen autorización, feitas para a construcción dunha vivenda unifamiliar na rúa Magdalena, nº 192 do concello de Ferrol.

Precepto infrinxido: artigo 91 h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95.2º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.