Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no concello de Betanzos, provincia da Coruña. (Expediente 00/9-0-G).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Directo, S.A. con enderezo en Capitán Haya, 53 (C.P. 28020), Madrid.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no concello de Betanzos, provincia da Coruña, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións.

-Ramal de subministración.

O ramal de subministración partirá da Estación de Regulación e Medida (tipo G-100, 72/16 bar) que Enagás construirá para tal efecto no ramal da Coruña entre as posicións 9 e 10, no termo municipal de Abegondo. O ramal á Coruña conéctase co gasoducto Llanera-Tui na posición I-015.

O ramal de subministración, partindo da citada ERM situada cerca de Cos (Santo Estevo), discorrerá en dirección noroeste salvando os desniveis que se vai atopando e tratando de non discorrer en ningún tramo en media ladeira.

Seguindo esta dirección atravesa o límite do termo municipal de Abegondo e entra no termo municipal de Betanzos.

Continuando en dirección noroeste cruza a estrada C-542, o Rego de Abeleira e a estrada que une Fraga con Montellos. Neste punto o ramal xira ó leste, cruza o ferrocarril, volve xirar en dirección leste e cruza novamente o ferrocarril.

Continuando nesta dirección cruza a estrada C-540 e penetra na cidade de Betanzos pola avenida do Carregal.

A lonxitude total do ramal de subministración é de 5.700 metros en aceiro de 4".

-Redes de distribución.

A arqueta de acometida situarase no comezo da avenida do Carregal, antes de chegar ó polideportivo e á piscina cuberta.

A partir da arqueta de acometida, sairá unha conducción que a conectará cun armario de Regulación APA/MPB, dun caudal nominal de 2.500 Nm/h. A saída do armario de regulación finaliza nunha válvula, a partir da cal se estenderá a rede de distribución para usos domésticos-comerciais e peque

nos industriais. A partir desde punto a rede ramificarase pola área urbana prevista para a subministración.

Todo o trazado discorre, case na súa totalidade, por beirarrúas e calzadas de dominio público.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta o concello de Betanzos, na provincia da Coruña.

Orzamento: douscentos setenta e nove millóns catrocentas setenta e nove mil trescentas setenta e cinco pesetas (279.479.365 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren danadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así coma na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo-Monelos s/n, da Coruña.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria