Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/39-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T., R.B.T. Lignitos de Meirama.

Situación: Cerceda.

Descricións técnicas: recuamento L.M.T. a 15/20 kV da L.M.T. Meirama-As Encrobas nunha lonxitude de 684 m en conductor LA-110, desde a derivada a C.T. Gontón e final no apoio nº 3 da L.M.T. Ramal de 24 que parte do apoio nº 3 da L.M.T. anterior e final no C.T. que se construirá en Francelos de 50 kVA a 15.000+-2,5/5%/398-230 voltios e adaptación á rede de baixa tensión. Concello de Cerceda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 29 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña