Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación O Marco, nos concellos de Tui e O Porriño, da provincia de Pontevedra, por parte de Jorge Castiñeira Pumar.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Jorge Castiñeira Pumar, con domicilio en Pexegueiro, Marco de Friande, Tui presentou nesta delegación provincial, o día 21 de febreiro de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación O Marco, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Tui e O Porriño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2846, da provinicia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 40' 40"42º 06' 00"

Vértice 28º 40' 00"42º 06' 00"

Vértice 38º 40' 00"42º 05' 40"

Vértice 48º 40' 40"42º 05' 40"

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 25 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra