Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de maio de 2000, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00048-I-2000 e DX-00519-I-1999).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral

de Transportes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00048-I-2000

C-2087-CB

LE90OR0033289433

Elisa Canedo Blanco

Fuente de San Miguel, s/n, 15700 Santiago de Compostela (A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (cortiza de pino) co vehículo matrícula C-2087-CB (2 eixes), que está provisto de autorización da serie MDP-C, que presenta un peso total en báscula de 16.750 quilogramos, estando autorizado para un PMA de 15.000 quilogramos, o que supón realizar transporte cun exceso de 1.750 quilogramos que representan un 11% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado; 15-2-2000; 11.26; N-550; 27,5Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 pesetas
DX-00519-I-1999

PO-9103-X

LE9OR0033289433

Luis Manuel García Deschamps

Sigrás, s/n, 15181 Cambre (A Coruña)

Da análise dos discos-diagrama do vehículo PO-9103-X, remitidos a requirimento deste centro directivo en escrito de data 1 de decembro de 1999, constátanse as seguintes infraccións:-Na totalidade dos discos-diagrama (comprendidos entre o 1 de setembro de 1999 e o 29 de outubro do mesmo ano) figura como conductor F. Barbeito, a excepción dun disco no que figura Luis García. F. Barbeito non se xustifica como pertencente a esa empresa a través do modelo TC-2 de cotización á Seguridade Social. O que constitúe infracción por incumprimento das condicións esenciais da autorización.-No disco-diagrama de data 13-9-1999 constátase un período de conducción diaria de 11 horas e 50 minutos, o que constitúe un exceso do 18% sobre os tempos máximos de conducción diaria permitidos.-No disco-diagrama de data 29-9-1999 constátase un período de conducción diaria de 12 horas e 10 minutos, o que constitúe un exceso do 21% sobre os tempos máximos de

conducción diaria permitidos.

O.M. 4-2-1993, artigos 48 da Lei 16/1987 e 200 do R.D. 1211/1990. Artigo 6 do R (CE) 3820/1985. Artigo 6 do R (CE) 3820/1985143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990130.000 pesetas