Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.946

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria extraordinaria de aspirantes a vinculacións temporais de duración inferior ó ano, de persoal estatutario nas II.SS. xestionadas polo Servicio Galego de Saúde na categoría de médicos de familia, médicos especialistas en pediatría e psicólogos clínicos.

De acordo co previsto na norma xeral 5ª do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE

sobre vinculacións temporais de distintas categorías de persoal estatutario que presta servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, aprobado por resolución conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución da División de Recursos Humanos do 11 de febreiro de 2000 formalizouse convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais nas II.SS. do Servicio Galego de Saúde de diversas categorías de persoal estatutario de determinados postos funcionariais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas.

Así mesmo, no devandito pacto está prevista a posibilidade de que cando exista unha indispoñibilidade de aspirantes nunha lista das categorías existentes, ademais da convocatoria xeral poida haber unha nova oferta para o acceso de aspirantes, establecéndose na súa norma xeral 6ª que a relación de aspirantes resultado desta convocatoria extraordinaria será subsidiaria da principal e confeccionarase a través dun procedemento simplificado no que se valorará exclusivamente a súa formación académica.

O incremento das necesidades de vinculacións temporais nas categorías de médicos de familia e médicos especialistas en pediatría durante o verán e a conveniencia de facilita-lo acceso a vinculacións temporais ós profesionais que non figuran inscritos nas listas por distintos motivos, sobre todo por ter finalizada a formación especializada con posterioridade á convocatoria xeral do 4 de febreiro do presente ano, aconsellan a formalización dunha convocatoria extraordinaria nestas categorías, co fin de acada-los obxectivos anteriormente indicados.

Esta convocatoria extraordinaria e as condicións que a regulan foron acordadas no seo da mesa central de seguimento do pacto de vinculacións temporais en sesión do 23 de maio de 2000.

Por todo o anteriormente indicado, esta división

DISPÓN:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes interesados en presenta-la súa solicitude de inscrición nas listas de médicos de familia, médicos especialistas en pediatría ou psicólogos clínicos. As ditas listas confeccionaranse en aplicación da norma xeral 6ª do citado pacto e serán reguladas polas bases contidas nel, así como polas disposicións que se recollen nesta convocatoria extraordinaria.

Así, no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria, deberán presenta-la solicitude no modelo formalizado que se anexa, xuntando a ela os xustificantes dos requisitos esixidos e os méritos da formación académica.

A presentación das solicitudes resulta requisito imprescindible, en tódolos casos, para adquiri-la condición de aspirante inscrito nas novas listas.

Os modelos de solicitude facilitaranse nas direccións provinciais do Sergas, nos centros hospitalarios e nas xerencias de atención primaria dependentes destas.

Será preciso que os aspirantes acrediten con documentos orixinais ou copias fotoestáticas compulsadas os requisitos e méritos presentados, nos termos previstos no baremo que se recolle na disposición terceira.

Segundo.-Os requisitos para ser admitido como aspirante serán os seguintes:

1º Non figurar como inscrito en lista vixente en ningunha das áreas nas listas de médico de familia, médico especialista en pediatría o psicólogo clínico para vinculacións temporais desta categoría no Sergas.

2º Titulación:

a) Para os médicos de familia: posuí-lo título de médico especialista en medicina familiar e comunitaria ou a certificación prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993.

b) Para os especialistas en pediatría: posuí-lo título de médico especialista en pediatría.

c) Para os psicólogos clínicos: posuí-lo título de licenciado en psicoloxía coa especialidade de psicoloxía clínica, ou ben cumpri-los requisitos para o acceso á especialidade de psicoloxía clínica establecidos na disposición transitoria segunda do Real decreto 2490/1998, do 20 de novembro, (desempeño de posto de traballo ou prazas nas II.SS. do Sistema Nacional de Saúde ou concertadas con este, sempre que o seu contido funcional se corresponda co ámbito profesional do especialista en psicoloxía clínica, durante un período non inferior a tres anos, dentro dos cinco anteriores á entrada en vigor do citado real decreto). Poderá solicita-la categoría de psicológo clínico de forma condicionada á obtención, no seu momento, da especialidade polo procedemento que se habilite.

Terceiro.-Os baremos da formación académica aplicables a esta convocatoria extaordinaria serán os seguintes:

(Só se valorarán para os efectos deste epígrafe os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea).

Baremo de médicos de familia

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos deste epígrafe será de 3,5 puntos.

1. Estudios de licenciatura:

a) Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

b) Cada sobresaliente: 1 punto.

c) Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Posgrao:

(A puntuación máxima acadable neste epígrafe será dun punto):

a) Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

b) Premio extraordinario: 0,75 puntos.

c) Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos.

3. Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nos apartados 2 e 3, será de 1,5 puntos.

Baremo de especialistas en pediatría

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos deste epígrafe será de 3 puntos.

1. Estudios de licenciatura:

a) Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

b) Cada sobresaliente: 1 punto.

c) Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Posgrao:

(A puntuación máxima acadable neste epígrafe será dun punto):

a) Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

b) Premio extraordinario: 0,75 puntos.

c) Cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos.

3. Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima dos puntos 2 e 3, será de 1,5 puntos.

Baremo de psicólogos clínicos

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto de méritos deste epígrafe será de 3,5 puntos.

1. Estudios de licenciatura:

a) Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

b) Cada sobresaliente: 1 punto.

c) Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Posgrao:

(A puntuación máxima acadable neste punto será dun punto):

a) Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

b) Premio extraordinario: 0,75 puntos.

c) Cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos.

3. Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima dos puntos 2 e 3, será de 1,5 puntos.

Cuarto.-Será absolutamente imprescindible para a admisión e, se é o caso, avaliación dos méritos dos aspirantes que se xunten as certificacións acreditativas destes dentro do prazo de presentación de

solicitudes. Calquera certificación presentada fóra do indicado prazo será rexeitada e excluída da avaliación, salvo que se acredite documentalmente, xunto coa solicitude, que foi solicitada dentro do prazo sinalado.

Quinto.-Cada aspirante ós nomeamentos solicitará a súa inclusión nunha soa categoría e área de xestión sanitaria para vinculacións de duración previsiblemente inferior ó ano.

No suposto de que se detectaran duplicidades, a través dos mecanismos de control, excluiranse inmediatamente os aspirantes incursos nelas.

Sexto.-Os profesionais que se inscriban nesta convocatoria excepcional figurarán ordenados pola puntuación que resulte de aplica-lo baremo recollido na disposición terceira desta resolución.

Sétimo.-Os aspirantes a categoría de médico de familia, médico especialista en pediatría ou psicólogo clínico que figuren inscritos nas listas de área en virtude desta convocatoria extraordinaria serán chamados para vinculacións temporais de duración inferior ó ano, pola súa orde, unha vez esgotadas as listas de médicos de familia, especialistas en pediatría e psicólogos clínicos publicadas en virtude da convocatoria ordinaria do 4 de febreiro de 2000, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria desta resolución.

Disposición transitoria

A suspensión provisional do epígrafe de formación especializada incluída no baremo de médicos de familia, por mor do auto acordado polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia e a conseguinte imposibilidade de publicación das relacións de aspirantes desta categoría, abre un período transitorio ata a resolución definitiva do proceso xudicial. A consecuencia disto, manteranse as listas actualmente vixentes do anterior pacto, ata a publicación das listas da convocatoria ordinaria do 11 de febreiro do presente ano, que se confeccionarán aplicando o baremo definitivo que se establecerá consonte os termos da decisión do fallo do Tribunal Superior.

Neste período transitorio as listas manterán o ámbito provincial, e a orde para efectua-lo chamamento de aspirantes será a seguinte:

1º Listas da convocatoria ordinaria de 1998 (Resolución do 13 de febreiro de 1998).

2º Listas da convocatoria extraordinaria de 1999 (Resolución do 19 de maio de 1999).

3º Listas da presente convocatoria extraordinaria.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos