Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional da categoría 002 (encargado/a administrativo/a e outros) do grupo III (lista B).

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 19 de maio de 2000 (DOG nº 102, do 26 de maio), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 002 (encargado/a administrativo/a e outros) do grupo III (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 14 de xuño de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 30 de xuño de 1999, a Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral establece o número máximo de aspirantes admitidos naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 3 puntos.

Segundo.-Facer público como anexo II a esta resolución a relación de aspirantes que de acordo coa do 19 de maio de 2000 pola que se fai pública a lista provisional foron non-admitidos na lista pro

visional e unha vez vista a súa alegación superaron a dita puntuación.

Terceiro.-Os solicitantes relacionados nos anexos I e II que superaron a puntuación de 3 puntos estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

-Grupo III: 5.640 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

GRUPO III-CATEGORÍA 002.

DNIAPELIDOSNOMEB1B2B3B4B5B6B7B8TOTAL

35.565.792ALONSO DOMINGUEZMARIA DOLORES00000,50,750,832,08

52.452.103CERVERA MENDEZANA ISABEL0000,35000,7501,10

13.106.604ESCUDERO FERNANDEZMARGARITA000000000

34.936.350GONZALEZ CIDMARIA CARMEN00000,400,7501,15

76.618.038LAMAZARES RODRIGUEZMARIA ROSA000001,50,7502,25

35.298.384LAREO RODRIGUEZMARIA JOSE0000000,7500,75

34.928.101LOPEZ LOPEZBENJAMIN0000000,7500,75

35.454.254OUBIÑA LODEIROMARIA LUISA000001,50,7502,25

44.810.132ROMERO LOPEZLUISA MARIA000000,50,7501,25