Finalizado o prazo fixado na Resolución do 11 de maio de 2000 (DOG nº 102, do 26 de maio), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 006 (xefe/a de servicios técnicos, encargado/a de mantemento, conservador/a edificios, encargado/a oficios varios mantemento, xefe de taller) do grupo III (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 14 de xuño de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo III categoría 006 (xefe/a de servicios técnicos, encargado/a de mantemento, conservador/a edificios, encargado/a oficios varios mantemento, xefe de taller) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.
Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.
-Grupo III: 5.640 ptas.
Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.
Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.
Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.
Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.
Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
GRUPO III-CATEGORÍA 006.
DNI APELIDOS NOME B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 TOTAL
52.500.209 CABALEIRO LOPEZ TELMO 0 0 0 0 0,4 0,75 0 1,15
33.335.701 LOPEZ CORREDOIRA ANA MARIA 0 0 0 0 0 0 0 0
32.638.358 NIÑO GONZALEZ LORENZO 0 0 0 0 0 0 0,75 0 0,75
44.810.989 SANDE LENS MARTIN 0 0 0 0 0 0 0,75 0 0,75