Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.896

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, das obras de reforma de fachadas e carpintería exterior no CEIP de Bueu (Bueu) e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: reforma de fachadas e carpintería exterior no CEIP de Bueu-Bueu.

b) Prazo de execución: cinco meses.

c) Orzamento da obra: 19.698.135 ptas. IVE incluído (118.388 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.2. a) Descrición do obxecto: instalación eléctrica, cambio de cuberta e varios no CEIP de Frián-Teis-Vigo.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 18.014.650 ptas. IVE incluído (108.270 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.3. a) Descrición do obxecto: cubrición do patio, arranxo do aseo de minusválidos no CEP Antonio Magariños Pastoriza-Cambados.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 11.388.614 ptas. IVE incluído (68.447 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.4. a) Descrición do obxecto: adaptación de espacios e arranxos varios no IES Valle Inclán-Pontevedra.

b) Prazo de execución: dous meses e medio.

c) Orzamento da obra: 13.414.832 ptas. IVE incluído (80.625 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias B, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas

hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono: 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 15 de xuño de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria