Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación de consultoría e asistencia para o deseño dun plan de desenvolvemento do sistema universitario galego para os próximos anos 2000-2005.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Universidades.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: deseño dun plan de desenvolvemento do sistema universitario galego para os próximos anos 2000-2005.

b) Lugar de entrega: Dirección Xeral de Universidades.

c) Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta millóns (60.000.000) de pesetas co IVE incluído, (360.620,26 euros).

5. Garantías.

Definitiva: o catro por cento do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 00, 54 54 79 ou 54 44 85.

e) Fax: 981 54 54 22.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 17 de xullo de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2º Domicilio: San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 54 22) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mantela súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Sala de xuntas da Dirección Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

a) Enderezo: San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

c) Data: 24 de xullo de 2000.

d) Hora: ás 11 horas.

10. Gastos de anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas.

O día 26 de maio de 2000.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria