Por Orde do 4 de xaneiro de 2000 (DOG do 1 de marzo) convocáronse axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos, organizadas por corporacións locais e institucións privadas, sen ánimo de lucro e legalmente constituídas, agás centros docentes, pertencentes á Comunidade Autónoma.
Vista a proposta da comisión de selección prevista no punto sétimo da devandita orde,
RESOLVO:
Primeiro.-Conceder, con cargo ós conceptos orzamentarios 07.04.322H.460.00, 07.04.322H.480.00, 07.04.322S.460.0 e 07.04.322S.480.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.
Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan nos puntos 2 e 3 do anexo I.
Terceiro.-De conformidade co punto décimo da Orde do 4 de xaneiro de 2000, as axudas serán aboadas do seguinte xeito:
-Ata o 80% da contía subvencionada, para aquelas axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, logo de aceptación da devandita subvención e certificación por parte da entidade de ter comezado a/as actividade/s.
-A cantidade restante librarase unha vez finalizada a actividade no momento da súa completa xustificación e entrega da súa memoria (en todo caso, antes do 15 de outubro) xuntando certificación de percibir ou non outras axudas e subvencións para a finalidade subvencionada, para o efecto do disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.
As axudas concedidas irán destinadas a sufraga-los gastos de persoal ata un mínimo de 75% do importe total da axuda concedida e os gastos de funcionamento que non superarán o 25% do importe total da subvención dos que o 20% tería a finalidade de gastos de material didáctico (textos e materiais dun só uso e materiais funxibles) e o 5% para outros gastos.
Cuarto.-Nas actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Fondo Social Europeo, as convocatorias públicas, publicidade e propaganda destas, así como os lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figura-lo logotipo da Unión Europea coa lenda: «Actividade cofinanciada polo Fondo Social Europeo».
Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO I
1. Concesión de axudas ás seguintes administracións públicas e entidades sociais sen ánimo de lucro:
Administracións públicas con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322H.460.0:
PROVINCIA: A CORUÑA CONCELLO DE ABEGONDO 900.000 CONCELLO DE ARTEIXO 900.000 CONCELLO DA BAÑA 600.000 CONCELLO DE BOIRO 1.500.000 CONCELLO DE BOQUEIXÓN 900.000 CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS 600.000 CONCELLO DE CAMARIÑAS 1.500.000 CONCELLO DE CARNOTA 1.200.000 CONCELLO DE CARRAL 550.000 CONCELLO DE CERCEDA 1.200.000 CONCELLO DE CESURAS 600.000 CONCELLO DE COIRÓS 600.000 CONCELLO DE CURTIS 900.000 CONCELLO DE FISTERRA 600.000 CONCELLO DE LAXE 600.000 CONCELLO DE LOUSAME 600.000 CONCELLO DE MELIDE 700.000 CONCELLO DE MIÑO 900.000 CONCELLO DE MONFERO 600.000 CONCELLO DE MUROS 900.000 CONCELLO DE MUXÍA 1.500.000 CONCELLO DE NEGREIRA 600.000 CONCELLO DE OLEIROS 900.000 CONCELLO DE OROSO 900.000 CONCELLO DE OUTES 900.000 CONCELLO DE OZA DOS RÍOS 600.000 CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL 900.000 CONCELLO DE PORTO DO SON 600.000 CONCELLO DE RIANXO 900.000 CONCELLO DE TOURO 600.000 CONCELLO DE VEDRA 900.000 TOTAL: 26.150.000
PROVINCIA: LUGO CONCELLO DE CHANTADA 1.200.000 CONCELLO DE FOZ 600.000 CONCELLO DE GUITIRIZ 600.000 CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS 600.000 CONCELLO DE MONTERROSO 600.000 CONCELLO DE PALAS DE REI 600.000 CONCELLO DE QUIROGA 600.000 TOTAL: 4.800.000
PROVINCIA: OURENSE CONCELLO DE ALLARIZ 1.900.000 CONCELLO DE CASTRO CALDELAS 600.000 CONCELLO DA MEZQUITA 1.400.000 CONCELLO DE OÍMBRA 600.000 CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR 900.000 CONCELLO DA POBRA DE TRIVES 1.200.000 CONCELLO DA RÚA 600.000 CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO 700.000 CONCELLO DE SARREAUS 600.000 CONCELLO DA VEIGA 900.000 CONCELLO DE VIANA DO BOLO 900.000 CONCELLO DE VILARDEVÓS 700.000 CONCELLO DE XINZO DE LIMIA 1.800.000 TOTAL: 12.800.000
PROVINCIA: PONTEVEDRA CONCELLO DO BARRO 600.000 CONCELLO DE CAMBADOS 1.200.000 CONCELLO DE CANGAS 600.000 CONCELLO DE CATOIRA 650.000 CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES 600.000 CONCELLO DO GROVE 1.200.000 CONCELLO DA ILLA DE AROUSA 1.200.000 CONCELLO DE LALÍN 600.000 CONCELLO DE MEAÑO 600.000 CONCELLO DE MEIS 1.200.000 CONCELLO DE POIO 1.500.000 CONCELLO DE REDONDELA 900.000 CONCELLO DE RIBADUMIA 700.000 CONCELLO DE SANXENXO 1.200.000 CONCELLO DE VALGA 1.200.000 CONCELLO DE VILABOA 600.000 CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA 1.200.000 TOTAL: 15.750.000 SUMA TOTAL: 59.500.000
Entidades sociais sen ánimo de lucro con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322H.480.0:
PROVINCIA: A CORUÑA ASOC. 3ª IDADE STA. Mª DE CAMBRE CAMBRE 407.100 CÁRITAS A CORUÑA 800.000 CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA EN GALICIA A CORUÑA 850.000 FEDERACIÓN AS. XORDOS DO PAÍS GALEGO A CORUÑA 1.100.000 FUNDACIÓN ADCOR A CORUÑA 850.000 ASOC. CHAVÓS FERROL 1.100.000 ASFEDRO FERROL 650.000 ASOC. ASPAS SANTIAGO 600.000 ASOC. MM. PROGRESISTAS ALBA SANTIAGO 850.000 ASOC. VV. POLÍGONO DE VITE SANTIAGO 1.100.000 CÁRITAS INTERPARROQUIAL-VAGALUME SANTIAGO 600.000 COGAMI SANTIAGO 850.000 TOTAL: 9.757.100
PROVINCIA: LUGO FUNDACIÓN EXPOMAR BURELA 600.000 ASOCIACIÓN CULTURAL XERMOLOS GUITIRIZ 788.900 AGRUPACIÓN DE XORDOS DE LUGO LUGO 600.000 TOTAL: 1.988.900
PROVINCIA: OURENSE ASOCIACIÓN DE MM. RR. XANELA BANDE 850.000 ASOCIACIÓN CULTURAL CARLASCA OURENSE 825.000 ASOCIACIÓN FORO MUÍÑOS-MUÍÑOS OURENSE 600.000 ASOC. DE VECIÑOS PONTE DO RÍO SARREAUS 775.000 ASOCIACIÓN XITANA LOS LACHOS VERÍN 700.000 TOTAL: 3.750.000
PROVINCIA: PONTEVEDRA FORGA A ESTRADA 600.000 ASOCIACIÓN REXURDIR MARÍN 900.000 CENTRO INF. TRABALLADORES ESTRANXEIROS VIGO 850.000 ESCOLA FORMACIÓN SOCIAL VIGO 850.000 AS. MM. RR. OS BORRIZOS VILAGARCÍA 600.000 AS. MM. RR. ALAMBIQUE VILAGARCÍA 600.000 TOTAL: 4.400.000 SUMA TOTAL: 19.896.000
Administracións públicas con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.460.0 (axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo):
PROVINCIA: A CORUÑA CONCELLO DE ABEGONDO 1.500.000 CONCELLO DE ARANGA 600.000 CONCELLO DE ARTEIXO 600.000 CONCELLO DE ARZÚA 900.000 CONCELLO DE BOQUEIXÓN 1.500.000 CONCELLO DE BRIÓN 630.000 CONCELLO DE CARNOTA 650.000 CONCELLO DE CARRAL 550.000 CONCELLO DE CERDIDO 600.000 CONCELLO DE CURTIS 100.000 CONCELLO DE FENE 600.000 CONCELLO DE FRADES 600.000 CONCELLO DE LOUSAME 600.000 CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS 600.000 CONCELLO DE MAZARICOS 900.000 CONCELLO DE MELIDE 830.000 CONCELLO DE MUROS 600.000 CONCELLO DE NEDA 625.000 CONCELLO DE NOIA 1.500.000 CONCELLO DE ORDES 600.000 CONCELLO DE PADRÓN 600.000 CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL 925.000 CONCELLO DE RIANXO 925.000 CONCELLO DE SOBRADO 640.000 CONCELLO DE TEO 600.000 CONCELLO DE TOURO 630.000 CONCELLO DE VEDRA 300.000 CONCELLO DE ZAS 600.000 TOTAL: 20.305.000
PROVINCIA: LUGO CONCELLO DE BARREIROS 625.000 CONCELLO DE BURELA 2.700.000 CONCELLO DE FOZ 600.000 CONCELLO DE GUITIRIZ 600.000 CONCELLO DE MONTERROSO 630.000 CONCELLO DE TABOADA 600.000 CONCELLO DO VALADOURO 600.000 TOTAL: 6.335.000
PROVINCIA: OURENSE CONCELLO DE AVIÓN 620.000 CONCELLO DOS BLANCOS 600.000 CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS 700.000 CONCELLO DO CARBALLIÑO 925.000 CONCELLO DE CARTELLE 600.000
CONCELLO DE CASTRELO DO VAL 700.000 CONCELLO DE CELANOVA 600.000 CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN 1.200.000 CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR 940.000 CONCELLO DE RIBADAVIA 600.000 CONCELLO DE RIÓS 630.000 CONCELLO DE VIANA DO BOLO 900.000 CONCELLO DE XINZO DA LIMIA 900.000 DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE 7.300.000 TOTAL: 17.215.000
PROVINCIA: PONTEVEDRA CONCELLO DE BUEU 750.000 CONCELLO DE CANGAS 600.000 CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA 900.000 TOTAL: 2.250.000 SUMA TOTAL: 46.125.000
Entidades sociais sen ánimo de lucro con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.480.0 (axuda cofinanciada polo Fondo Social Europeo:
PROVINCIA: A CORUÑA ASOC. 3ª IDADE STA. Mª DE CAMBRE CAMBRE 842.000 ASOC. APADER A CORUÑA 600.000 ASOC. ATENCIÓN SOCIAL E SANITARIA A CORUÑA 1.100.000 ASOC. MULLERES RURAIS RÍO D'ANEIRO FERROL 690.000 ASOCIACIÓN MULLERES EL PILAR FERROL 690.000 ASOC. SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS FERROL 600.000 ESCOLA DE TEMPO E AIRE LIBRE NÉBOA NEDA 830.000 FORGA-AS PONTES PONTES, AS 1.100.000 ASOC. MM. PROGRESISTAS ALBA SANTIAGO 1.100.000 COGAMI SANTIAGO 800.000 UGT-GALICIA SANTIAGO 3.500.000 FEDERACIÓN GALEGA DE MM. RURAIS SANTIAGO 2.700.000 TOTAL: 14.552.000
PROVINCIA: LUGO ASOCIACIÓN CULT. ACEPAL LUGO 3.600.000 CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA LUGO 740.000 ASOCIACIÓN CULTURAL ARCAS SARRIA 1.700.000 ASOCIACIÓN ACAFAV VILALBA 933.000 TOTAL: 6.973.000
PROVINCIA: OURENSE ASOCIACIÓN DE MM. RR. "XANELA" BANDE 600.000 CIMO OURENSE 600.000 ASOCIACIÓN FORO MUÍÑOS. MUÍÑOS OURENSE 850.000 TOTAL: 2.050.000
PROVINCIA: PONTEVEDRA ASOCIACIÓN RÍO ULLA CATOIRA 2.500.000 FORGA-PONTEVEDRA PONTEVEDRA 600.000 AS. CULT. SANTÍSIMO CONSUELO DE LÉREZ PONTEVEDRA 650.000 ASOC. NACI. PARA LA ACCIÓN SOLIDARIA PONTEVEDRA 900.000 COMUN. MONTES MAN COMÚN DE VALLADARES VIGO 725.000 MISIONERAS DEL DIVINO MAESTRO VIGO 1.800.000 TOTAL: 7.175.000 SUMA TOTAL: 30.750.000
2. Desestima-las axudas por se-la súa valoración insuficiente ou non considerarse proxectos prioritarios:
-Asociación EFA-Fonteboa de Coristanco.
-Federación Galega de Academias de Santiago.
-Asociación Galega do Estrés (AGES) e Asoc. Xuvenil Ouveada de Xinzo de Limia.
-Asociación de Estudios Universitarios de Vigo.
-Concello de Tui.
3. Desestima-las axudas ás solicitudes que tiveron entrada fóra de prazo:
Entidades sociais sen ánimo de lucro:
-Asociación Fonte da Virxe de Santiago.
-Asociación de Veciños As Eiroas de Ourense.
-Asociación de Axuda o Enfermo Psíquico Lenda de Redondela.
-Asociación de Comerciantes do Calvario de Vigo.
-Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares de Vigo.
Administracións públicas:
-Concello de Corcubión.
-Concello de Culleredo.
-Concello de Rábade.
-Concello da Gudiña.
-Concello de Pontecesures.
-Concello de Vigo.